O teatro Jofre. Luces e sombras

 

Juan J. Burgoa-TIRANDO A DAR

Acaban de cumprirse 125 anos da inauguración do Teatro Jofre de Ferrol no ano 1892, vinte anos despois da colocación da primeira pedra o ano 1872. Tralo abandono das obras durante un longo período, remataron as mesmas grazas ao apoio económico do emigrante ferrolán Joaquín Jofre Maristany, que logo lle daría nome ao teatro. Precisamente o 19 de maio de 1892 inaugurouse o Teatro Jofre coa compañía teatral de Antonio Vico que interpretou El Alcalde de Zalamea.

Dotado dunha fermosa decoración interior e unha espléndida acústica, o ano 1919 a empresa Fraga, entón propietaria do teatro, encargou ao arquitecto Rodolfo Ucha o cambio da súa sinxela fachada clasicista de orixe pola adobiada fachada modernista que aínda hoxe conserva. Tras servir de marco aos máis variados e notables acontecementos artísticos da cidade, ademais de funcionar como sala de cine, a finais do século XX o teatro Jofre pechou as súas portas.

Lembrando o 125 aniversario da inauguración do Teatro Jofre tivo lugar fai poucas datas no Centro Cultural municipal da rúa do Hospital a presentación dunha discreta exposición, porén dotada dun notable catálogo, sobre o aniversario do devandito Teatro Jofre. Coa devandita mostra trátase de dar a coñecer e por en valor unha parte do patrimonio cultural da cidade.

 

Ante unha exposición que amosa bastantes carencias, cumpre lembrar que ata a rehabilitación do Teatro Jofre, rematada o ano 2006, un antigo empregado do teatro recompilou una serie de obxectos do teatro desbotados polos seus propietarios, formando unha colección de gran interese e valor histórico. Esta colección, que incluía elementos escénicos, desde butacas, instrumentos musicais e proxectores ata carteis orixinais de teatro e cine, foi cedida o ano 2002 ao Concello de Narón, segundo se din baixo determinadas condicións de exposición pública nun lugar axeitado.

 

Sen entrar nas razóns desta cesión, o caso é que esta colección pertencente a unha histórica institución cultural da nosa cidade, que nunca debeu saír de Ferrol, se atopa arrombada desde fai quince anos nun galpón da estrada de Cedeira, pertencente ao Concello de Narón. O citado Concello, na súa habitual liña de descoido do patrimonio cultural, neste intre garda a colección nun lugar pechado e privado da súa visión pública. No entanto e como sempre, o Concello de Ferrol segue sen decatarse de tódolo que se están a levar da cidade..

Lea también

Discurso del Estado de la Unión de 2017 de Juncker

Aroa Fandiño Serrano En su cita anual con el Parlamento Europeo el Presidente de la Comisión, …

2 comentarios

  1. O sea: un empleado se lleva cosas que no son suyas, se las cede a un yuntamiento que no es el propietario de la instalación y la culpa es ¿De? ¡¡¡qué lo devuelvan, y punto!!!

  2. uno lo roba ( empleado ) y otro es complice ( concello de naron ) , o lo devuelven o se denuncia