O Club Ximnasia Ferrolterra participou no Campionato Galego de Ximnasia Artística

Ximnastas de Inigym, Promogym 1 e Promogym 3 – Ximnasia Ferrolterra

O campionato celebrouse no Pavillón Universitario do Campus de Elviña (A Coruña), o sábado día 3 en xornadas de maña e tarde máis o domingo día 4 pola mañá.

Polo Club Ximansia Ferrolterra participaron o sábado pola maña nas categorías Inigym 1, ximnastas de 6 anos e Inigym 2, idade 7 anos, Promogym 1 idades 7, 8 e 9 anos, Promogym 3 idades de 10 e máis anos. As ximnastas participantes e os seus resultados os expoñemos a continuación:

Sábado pola maña

– Inigym 1, participou Emma Ares Viñas medalla de ouro na suma dos cuatro aparatos.

– Inigym 2, participou Irene Sequeiro Lorenzo, tamén medalla de ouro na suma dos catro aparatos.

– Promogym 1, participaron Lucía Cadarso, Xiana Mardaraz, Uxía Sabín e Icia Arroyo Alvarez, medalla de ouro en Suelo.

– Promogym 3, participaron Alba Iglesias, Paula Parada, Ainhoa Tenreiro, Tyesha Vicente Humpries, medalla de ouro en Barra e medalla de bronce na Xeral dos catro aparatos e Judith Lago Varela, bronce en suelo, ouro en Asimétricas e medalla de prata na clasificación Xeral.

Nesta categoría destacar que as cinco ximnastas mencionadas se proclamaron Campionas Galegas por equipos.

Sábado pola tarde solo a Categoría Promogym 2, idades de 10 ou máis anos

– Promogym 2, participaron polo Ximansia Ferrolterra Alejandra Varela, Noa Martínez, Lucía Martínez, Clara Mandaradoni, Mara Iglesias, Irene Alvariño, Lara Chao, Jimena Omeñaca e Sandra Yañez. Nesta categoría destacar o bon Campionato feito polas nosas ximnastas pero non tiveron sorte coas medallas, algunha das ximnastas da comarca leva soamente meses na especialidade. Destacar que o número total de ximnastas na categoria foi de 50 e tiveron que competir con moitas ximnastas de moita experiencia xa na competición.

Domingo pola maña participan as ximnastas de Niveles, máis exixencias e dificultades técnicas que na categoría Promogym, na que o Ximnasia Ferrolterra participaba por primeira vez con 5 ximnastas. Tres ximnastas en Nivel 1 idades de 7, 8 e 9 anos e dúas en Nivel 2 pequenas 11 anos e menos.

As ximnastas participantes en Nivel 1 foron:

– Andrea Martín Iglesias, medalla de bronce en Salto, Suelo e Barra.

– Alba González Gorgullo, medalla de prata en Asimétricas e medalla de bronce na xeral suma dos catro aparatos.

– Lola Cainzos Díaz, medalla de bronce en Asimétricas, medalla de prata en Barra e Suelo e medalla de prata na xeral
dos catro aparatos, polo tanto Subcampiona Galega de Nivel 1.

No Nivel 2 pequenas as ximnastas foron:

– Cintia Fernández Sanmartín, medalla de bronce Asimétricas e Salto e medalla de bronce na Xeral.

– Tatiana López Rivas, a gran triunfadora do Clube no Campionato, medalla de ouro en Suelo, Salto e Paralelas, medalla de prata en Barra, e por suposto medalla de ouro na xeral e polo tanto Campiona Galega de Nivel 2 Pequenas.

A valoración que fan dende o Club e que se cumpliron os obxetivos marcados, tendo en conta que todalas ximnasta competiron nunha categoría ou nivel superior ó ano anterior, a evolución e moi positiva é de agradecer o traballo das/os adestradoras/os, teñen que estar moi orgullosos do seu traballo, polo felicitan a Gaby Doce, Carmen Carballeira, Juncal Martín, Sonia Busto e mención especial a Borja Díaz e Olalla Sas.

A recompensa irá a máis porque moitas destas ximnastas van a ir ó Campionato de España que se celebrará en Valladolid entre o 10 e o 16 de xullo, paseando o nome do Concello de Fene e da comarca.

Neste Campionato recordar que ademáis do equipo de Fene ó Ferrolterra, tamén participaron o Ximnasia Coruña, Ximnasia Universidade Coruña, Escola ximnasia Universidade Coruña, Club Bayo Sil de Ponferrada e o Club Ximnasia Tempo.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …