Valdoviño celebra este domingo a segunda edición da carreira Volta ás Forcadas

Cartel do evento – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño celebrará este domingo, 11 de xuño, a segunda edición da carreira Volta ás Forcadas. Preto dun centenar de persoas formalizaron xa a súa inscrición a través da plataforma www.prueba-t.es, do email xan.suarez@prueba-t.es ou do teléfono: 652 214 833. O prazo, para os interesados, rematará este venres, 9 de xuño, ás 23:59 horas. A carreira inclúese no calendario do 2º Circuito CORRE POLO NORTE que promove o Concello de Valdoviño xunto ós municipios veciños de Ortigueira, Cedeira, Cariño, Cerdido, Mañón, San Sadurniño e Moeche. Todos eles, cun obxectivo común: crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo, ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí estas carreiras, onde o importante non son os resultados, senón a participación.

A II Volta ás Forcadas arrancará ás 11 horas e o punto de partida será Loira. Permitirá aos participantes descubrir un entorno natural único como é o encoro das Forcadas, considerado xa o segundo mar do municipio.

Nela poderán participar nenos e maiores e, segundo a idade, estas son as categorías: Pitufos (2010 e posteriores); Benxamín (2008-2009); Alevín (2006-2007); Infantil (2004-2005), Cadete (2000-2003), Sénior (1983-1999), Veteranos A (1966-1982) e Veteranos B (1965 e anteriores). A participación dos menores é gratuíta e, a cuota para as categorías sénior e veteranos, é de catro euros.

Lea también

El Náutico de Narón busca el título de las Ligas Nacionales de Duatlón

Este fin de semana, la ciudad de Soria se prepara para acoger la última jornada …