O goberno de Ferrol inicia os traballos de reposición do pavimento do paseo marítimo de Caranza

Esther Leira visitando as obras – Concello de Ferrol

O Goberno de Ferrol iniciou onte os traballos de reparación do paseo marítimo de Caranza, unha vez que foi recibida a preceptiva autorización da Demarcación de Costas do Goberno central. As tarefas de arranxo e reposición dos elementos rotos e danados comezaron no día de onte a primeira hora da mañá e son executados polo persoal da concellería de Obras.

As tarefas de mellora deste espazo no borde litoral para o desfrute colectivo abranguerán toda a lonxitude do paseo na zona de tránsito de peóns e teñen un custe de licitación 141. Ademais das pezas de lousa escachadas polos efectos de dilatación, as roturas tamén afectan a bordos de pedra que asoman e rompen pola acción das raíces das árbores -bidueiros brancos- que bordean o carril-bici, e que afectan á zona do paseo peonil.

As obras realizaranse entre as 8 e o mediodía, tratando de causar o menor impacto para non interromper o paso dos peóns, e estímanse que se prolongarán durante 3 semanas. Toda vez que rematen estas actuacións en Caranza, a cuadrilla centrarase en reparar o paseo da Malata, que tamén precisaba dunha autorización de Costas que foi recibida ao tempo que a de Caranza.

MELLORA DE 1.457 METROS DO CARRIL BICI DE CARANZA

Desde a concellería de Obras, a súa titular, Esther Leira, ven de encargar un proxecto para reparación do carril bici xa que a acción das árbores fai dificultoso o seu percorrido por tramos. Este proxecto figuraba na solicitude que o Concello de Ferrol remitiu a Deputación polo POS e contempla a mellora do pavimento en 1.457 metros e substitución das árbores outra especie que determinen os técnicos de medio ambiente, mais axeitada. Para executar este proxecto, o prezo de licitación é de 141.965, 91 euros.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …

2 comentarios

  1. Eso sí que està bien. La zona acotada y probablemente con cemento fresco, pero la concejala tiene que salir en la foto sea como sea. Se le ve contenta, además.

  2. Moción llevada a pleno por CIUDADANOS unos meses atrás y aprobada por unanimidad. En 2 años será la única moción que se lleve a cabo. El resto para el cajón.