Ferrol acolle a V Gala Zona Press aos mellores do baloncesto galego

Suso Basterrechea e Óscar Losada durante a presentación – Concello de Ferrol

Por segunda vez consecutiva, anos 2016 e 2017, a cidade de Ferrol vai acoller a gala de entrega dos premios aos mellores do basket galego nunha celebración que organiza a revista de baloncesto Zona Press.

Será a V edición destes premios do baloncesto que, nas tres primeiras edicións, tiveron lugar na cidade de Lugo e que distingue aos mellores xogadores na pasada tempada. A cita será o vindeiro 15 de xuño, as 20:00 na capela do Centro Cultural Torrente Ballester.

Así o anunciaron na mañá de hoxe o concelleiro de Deportes e Cultura, Suso Basterrechea, e Óscar Losada, coordinador de Zona Press. O edil subliñou a longa e íntima relación da nosa cidade co baloncesto e manifestou a súa satisfacción por ser quen de acoller, novamente, estes premios.

Desde Zona Press, o seu responsable, Óscar Losada, agradeceu a colaboración e boa disposición atopada no Concello e explicou que se van premiar aos mellores e as mellores do baloncesto en 10 categorías entre as que figura os mellores extranxeiros -masculino e feminino-, xogador nun equipo galego, promesas, árbitro, adestrador e xogador en categorías absolutas.

Achégase a relación completa dos nominados nas 10 categorías.

Mellor estranxeira dun equipo galego: Minata Keita (Arxil), Amy Sill (Cortegada), Shacobia Barbee (Uni Ferrol) e Vandell Andrade (Cortegada)

Mellor estranxeiro: Mc Connel – Obradoiro, Monaghan – Coruña, Zavala – Amfiv e Whittington- Obradoiro

Mellor promesa galega feminina: Paloma Dorda (Ensino), Paula Ginzo (Rivas), Paloma González (Aros León) e Raquel Carrera (Celta)

Promesa galega masculina: Samuel Antón Barros García – Baloncesto Narón, Alejandro Mazaira- Barça B, Pablo Ferreiro- Coruña e Manuel Enrique Lorenzo- Amfiv

Mellor Árbitro: Adrián Iglesias, Paula Lema, Daniel Pazos e Jacobo Rial

Mellor xogadora dun equipo galego: Salomé García (Cortegada), Ana Suárez (Uni Ferrol), Bea Sánchez (Uni Ferrol) e Ylenia Manzanares (Celta)

Mellor Xogador dun equipo galego: Guerra- COB, Arco- Breogán, Franch – Breo e Lorenzo Envo- Amfiv

Premio á traxectoria: Vicente Sanchís

Mellor técnico: Lino López- UNI, César Iglesias- Amfiv, Lezkano- Breogán e Tito Díaz – Coruña

Mellor xogador galego: Fran Vázquez (Tenerife), Alberto Abalde (Joventut), Antelo (Ucam Murcia)e Agustín Alejos (Amfiv)

Mellor xogadora galega: Tamara Abalde (Creff Hola), Marta Canella (Aros León), María Pérez (Uni Ferrol) e Sara Gómez (Cortegada).

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …