Adeus río da sardiña, adeus Fonte de Insua…

O Foro de Amigos de Ferrol, no seu labor de defensa do Patrimonio da cidade , desta rolda denuncia o mal estado da Fonte de Insua, en Canido.

                                    —-ooooOoooo—-

Na baixada cara á Malata desde o barrio de Canido, coñécese desde tempo inmemorial a existencia da Fonte de Insúa para uso da poboación do barrio alta da cidade. A Fonte de Insua foi construída de novo o ano 1789, desprazada uns vinte metros da súa posición orixinal. Unha rúa chamada Insua hoxe lembra o camiño que levaba á devandita fonte

A nova fábrica, unha das moitas obras en Ferrol de Dionisio Sánchez de Aguilera, ademais de ter dous canos para o abastecemento da auga, incorporaba un lavadoiro público e un bebedeiro para o gando, todo iso de boa utilidade para os veciños do barrio.

A Fonte de Insua, reputada como a de mellor auga da cidade, foi remprazada o ano 1958 por una fonte de nova construción, dotada dun amplo lavadoiro. Mesmo se construiu una zona de xogos para nenos. O abandono e a falta de uso levou a seu actual desleixo ao conxunto de fonte e lavadoiro. A estrutura totalmente pintarraxeada, o lavadoiro carente de auga e os canos escangallados.


Un pobre exemplo máis dun deses recunchos de Ferrol que ademais da súa utilidade puideran ter certo encanto, e que hoxe se atopan descoidados polo maltrato dos veciños e polo descoñecemento e a falta de atención que reciben dos poderes públicos.

Outro día temos que falar do río da Sardiña, que formou parte do imaxinario popular de Ferrol, e que hoxe se atopa nun total estado de desleixo.

Pola transcrición Juan J. Burgoa

Lea también

Javier Pedreira “Wicho”, pecha en Fene o ciclo Contando Ciencia

“Os valores de casa para andar pola rede” é o tema da derradeira charla de …