Aberto o prazo de inscrición no programa de ocio infantil e xuvenil de Cabanas para o verán

O Concello de Cabanas, a través das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deportes, ofrece este verán un amplo abano de posibilidades de ocio para nenos e rapaces. Concilia Verán, Campamentos Xuvenís e Campamentos Deportivos integran unha programación que tamén busca facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias de Cabanas.

Os interesados en participar poden formalizar a súa inscrición na casa consistorial de Cabanas dende hoxe, 12 de xuño, e ata esgotar as prazas. A primeira das actividades previstas será a Ludoteca. Se hai demanda suficiente para este mes de xuño, arrancará xa o día 26 deste mes, nada máis rematar as clases, e prolongarase ata o 8 de setembro. Os horarios, de 9 a 14,30 horas e os seus destinatarios, nenas e nenos nados entre os anos 2005 e 2013. Entre as propostas, celebraranse xogos populares e alternativos; teatro con iniciación a técnicas de expresión corporal e dramatización, contacontos, ritmo, baile, e obradoiros de manualidades e aula de natureza e reciclaxe para traballar a psicomotricidade e a creatividade, así como o respecto polo medio.

Os Campamentos Xuvenís, para rapaces a partir de primeiro curso da ESO, terá lugar entre o 10 de xullo e o 11 de agosto, de 10 a 14 horas. Nel, levaranse a cabo obradoiros de artesanía e pulseiras; talleres de trenzas de coiro e tatuaxes de henna; construción de malabares ou actividades deportivas como tiro con arco, voleibol, actividades acuáticas, montaxe de tendas, supervivencia…

E, por último, o Concello deseñou os Campamentos Deportivos para nenos e nenas a partir dos 7 anos. Desenvolveranse nos meses de xullo e agosto, e cunha serie de actividades como xogos acuáticos, baloncesto, bádminton, voleibol, hockey, béisbol ou fútbol.

Todas as actividades celebraranse na praia da Madalena e nas diferentes instalacións deportivas municipais.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …