Destacada participación dos arqueiros de Valdoviño no Campionato Galego ao Aire Libre

David Rodríguez no segundo posto do podio – Concello de Valdoviño

Gran actuación dos deportistas do Clube de Arco A Frouxeira de Valdoviño no Campionato Galego disputado a pasada fin de semana en Pontevedra. A delegación local partía con sete integrantes para tomar parte na competición nas categorías alevín, infantil e cadete.

En infantil, David Rodríguez Fresco subiu ao podio para colgarse a Medalla de prata. En alevín, a representación de Valdoviño correu por conta de Martín Mera Grandal, que quedou nunha destacada cuarta posición, namentras que Martín Vilar Álvarez, logrou un meritorio noveno posto.

En cadete, Martín Núñez Lamas perdía na súa semifinal (7 a 1) contra Pedro Pina 1º do Round, mentres que Marcos Ameneiros Pérez perdía a súa semifinal (5 a 5), tendo que ir a unha única frecha de desempate, contra Nuno Bahamonde Beceiro, 2º do Round. Así, os locais enfrontáronse pola terceira e cuarta plaza, inclinándose a balanza a favor de Marcos Ameneiros, que se colgou a medalla de bronce despois dunha eliminatoria moi reñida.

Os trunfos dos deportistas de Valdoviño toman, se cabe, máis relevancia tendo en conta que o Club de Arco A Frouxeira nacía hai algo máis dun ano –en febreiro de 2016-. Dende entón están ao fronte da Escola Municipal de Tiro con Arco que promove o Concello de Valdoviño a través da Concellería de Deportes.

Adestran todas as semanas, venres (18-20 horas) e sábado (10-12 horas) e nas clases participan nenos e nenas a partir dos 8 anos e ata a etapa adulta. O auxe do tiro con arco no municipio, e bo facer dos seus deportistas, vén
avalado polos seus éxitos deportivos e, en próximas datas, Valdoviño convertirase en escenario do Campionato de España de Tiro con Arco na categoría cadete e menores de 14 anos.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …