O II Videoclips a esgalla preséntase con 67 vídeos de bandas locais

Carlos Alberto Alonso e Suso Basterrechea durante a presentación – Concello de Ferrol

67 pezas audiovisuais -22 novos- de 28 formacións, firmadas por 34 realizadores, dan forma a II edición de Vídeoclips a Esgalla do Concello de Ferrol, unha proposta ambiciosa e innovadora no contido e nas formas que promete repetir o éxito da primeira edición, que nacía no 2016.

Arranca este xoves 15, as 19:00 horas no Ateneo Ferrolán, que será a sede e o epicentro desta II edición, do 15 de xuño ao 30 de xuñoque tamén se ramifica por varias salas da cidade como Super8, Manchita Cosa e Pub Indie.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, facía hoxe a mediodía a presentación desta segunda mostra de VideoClips a Esgalla 2017, que tan bo resultado e participación obtivo no pasado ano. Foi nunha rolda de prensa xunto a Carlos Alberto Alonso, promotor e impulsor desta iniciativa adicada aos videoclips de formacións e solistas da comarca de Ferrolterra, nos que “somos superpotencia”, sinalou Alonso.

Esta mostra pretende dar a coñecer os nosos talentos e ao mesmo tempo ser escaparate e punto de encontro dos diferentes creadores. Aínda que a nosa intención e darlle maior protagonismo aos máis recentes traballos dos nosos músicos e realizadores, aceptamos pezas de tódalas décadas e estilos”, resumía o concelleiro.

Suso Basterrechea destacaba hoxe o semestre particularmente prolífico para a cultura que ven de vivir a cidade nesta primeira metade do ano 2017, co esforzo feito desde a área de Cultura, Turismo e Festas. Basterrechea chamaba, particularmente, a atención no mes de xuño, con varias propostas exitosas que puxeron o acento en levar a cultura as rúas como II Fóra do Mapa, II Vídeoclips a Esgalla e, ao remate do mes, Vai de Baile, adicado a danza contemporánea.

Os vídeos deben ter unha duración de entre 1 e 9 minutos. Só se aceptarán videoclips de grupos ou solistas afincados na comarca de Ferrolterra (Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, Moeche, Somozas, San Saturnino e Cedeira). Quedan excluidas gravacións de actuacións en directo ou realizacións de espectáculos en vivo. De toda a programación desta II VideoClips a Esgalla, na ligazón: www.facebook.com/videoclipsaesgalla

Xoves 15 de xuño ás 19:00 no Ateneo Ferrolán: Presentación do DVD “Videoclips a Esgalla 2017” no espazo de proxeccións permanente no Salón de Actos, e inauguración da exposición fotográfica “Ferrol & Rock en Foco” (15 de xuño – 10 de xullo) compartida por Oscar Millarengo e Juanpa Ameneiros na Sala 1 de exposicións (1º piso). (*)

Venres 16 de xuño ás 19:00 no Ateneo Ferrolán: “Manu Viqueira: Un galego na corte de Green Day”. Charla e proxección a cargo de Manu Viqueira, realizador audiovisual.

Xoves 22 de xuño ás 17:00 no Ateneo Ferrolán: “Música e Cine en Galicia: Relacións Intimas”. Charla e proxeccións a cargo de Fernando Fernández Rego, escritor e crítico musical.

Venres 23 de xuño ás 17:00 nas Rúas de Ferrol: “Só para os vosos ollos: Juanpa Ameneiros dirixe ao grupo de rock INNSBRUCK”. Gravación dun Videoclip en diferentes espazos da cidade (Praza de Armas, Parque Municipal Raíña Sofia…).

Venres 30 de xuño ás 19:00 no Ateneo Ferrolán: Mesa redonda “O Vídeoclip Galego, presente e futuro” + Proxeccións do documental “Artistiña” de Prod. Esferobite. Coa asistencia dos realizadores de videoclips Juan Lesta e Belén Montero (Esferobite), Javi Camino (Magnetova), Rubén Domínguez (Prenom), Andrés Agulla Mosteyrin (Alarido Mongólico), Marta Calderón (Alarido Mongólico) e Manu Viqueira (M.V. Produccións).

A exposición permanente coa proxección de tódolos videoclips presentados se realizará no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán de luns a venres en horario de 10:00-14.00 e de 19:00-21:00; e a exposición fotográfica compartida se desenrolará dende o 15 de xuño ampliándose ate o venres 10 de xullo na Sala 1 de exposicións (1º piso) tamén no Ateneo Ferrolán.

Lea también

Clausura da II edición das Residencias Artísticas Mariñán

A segunda edición das Residencias Artísticas Mariñán, organizadas pola área de Cultura da Deputación da …