Xornada este xoves pola tarde de Atletismo divertido no piñeiral de Cabanas

O piñeiral da Madalena albergará mañá xoves, 15 de xuño, unha Xornada de Atletismo divertido na que colabora o Concello, a través da Concellería de Deportes. Pero, ¿en que consiste? Diferentes carreiras nas que o máis importante é participar e pasalo ben, máis aló de gañar ou non. Así, habilitarase un circuito con diferentes paradas e, en cada unha delas, unha proba. Lanzamento, salto, xabalina… Así mesmo, tamén haberá carreiras de relevos, resistencia, velocidade…

A Xornada está pensada para nenos e nenas a partir de 6 anos e todos poden tomar parte sen necesidade de inscrición previa. Tan só é preciso presentarse pola tarde no piñeiral. Hora de inicio: as 18 horas. Con esta iniciativa, preténdese achegar o atletismo ós máis pequenos da casa e poder así retomar a escola municipal que se viña celebrando ata este ano.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …