André Abeledo e Antón Sánchez mantiveron unha reunión cos labregos de Narón

Instante da reunión cos labregos – EU Narón

Na xuntanza os afectados denunciaron ademais a falla de control que ten o Goberno galego que non ten nin datos sobre a poboación do xabaril e “veñen a preguntarnos o número de xabarís que hai no monte” asegurou un deles. Destacaron ademais que o problema do xabaril agrava aínda máis o abandono das terras xa que “ninguén vai querer traballar e investir na terra para que veña despois o xabaril a esnaquizar todo o plantado sen que ninguén faga nada por evitalo”.

A veciñanza de Narón denunciou importantes perdas nalgúns casos con colleitas de case unha hectárea estragadas a causa destes ataques. Por este motivo reclamaron a busca de solucións de xeito urxente para este problema que na zona de Ferrolterra onde aseguran “nunca houbo tanto xabaril”.

A diminución da superficie agraria, o abandono do rural, o incremento da superficie de plantación de eucaliptos, a falla dunha política real orientada a loitar polo rural están a provocar que o xabaril se convertera nun grave problema para os veciños e veciñas como sinalou o vicevoceiro no Parlamento, Antón Sánchez.

En Marea levará ao Parlamento de Galicia diversas iniciativas nas que se pedirán explicacións ao Goberno galego ante a súa total falla de interese por este problema que afecta de xeito moi importante ao rural. O grupo parlamentario presentará unha proposición non de Lei na que se presentarán medidas reais que o Goberno galego debería impulsar para dar solución a corto prazo compensando polos danos ocasionados polo xabaril, e a medio e longo prazo, controlando a poboación da especie e traballando por recuperar o equilibrio no monte galego.

Así, En Marea reclamará á Xunta de Galicia que, e EU Narón no Concello a traves dunha Moción:

– Garanta indemnizacións que cubran a totalidade de danos causados polos xabarís e predadores en explotacións agrícolas, así como implantar un maior control destas especies.
– Afondar e estabilizar das estratexias de prevención de danos causados por predadores e xabarís nas ganderías.
– Impulsar o diálogo entre os actores involucrados.
– Convocar e facilitar mesas de diálogo intersectorial, como pode ser a Mesa do Lobo.
– Mellorar o deseño, axilizar e simplificar as indemnizacións.
– E por ultimo, estudar e impulsar estratexias de prevención.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …