O BNG de Narón aborda un programa de eliminación de barreiras arquitectónicas

Os concelleiros do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón, Pablo Villamar e Teresa Sabio, reuníronse este venres co responsábel de Accesibilidade da Asociación Grupo de Diversidade Funcional de Ferrrol e Comarcas, José Díaz, para abordar a necesidade de acometer un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas no Concello.

O representante da entidade entregoulles aos edís nacionalistas un programa de actuacións que consistiría na adaptación de máis de 200 pasos de peóns que nestes intres, segundo explicou, presentan algunhas eivas que dificultan a mobilidade urbana das persoas con algún tipo de limitación.

Díaz recalcou a sensibilidade de Narón coas asociacións de diversidade funcional e recoñeceu que se teñen acometido actuacións positivas como é o caso do vaso terapéutico da piscina municipal da Gándara.

O portavoz do grupo municipal do BNG, Pablo Villamar, subliñou que a eliminación de barreiras e a aposta pola mobilidade son fundamentais para facer de Narón un concello integrador e moderno e, nesa liña, manifestou que a intención da formación nacionalista é colaborar coa entidade e coas administracións implicadas e con competencias na rede viaria –incluídas tamén Deputación e Xunta- para ir avanzando neste aspecto. Ademais, asegurou que algunha das obras propostas no estudo xa están incluídas en proxectos máis amplos que se van executar en breve.

Villamar lembrou tamén que xa está en marcha un plan de actuacións en edificios de titularidade municipal para corrixir esas deficiencias e mellorar a accesibilidade e que as medidas urbanísticas teñen que ir dirixidas a gañar espazos para os peóns, pois é este un dos requisitos básicos para poder desenvolver unha política social integradora.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. Son PP presentó hace un año una moción para eso y votaron que no. ¿A quien quieren engañar ahora?