Éxito de participación nas Festas de Fin de Curso das Escolas Deportivas Municipais de Fene

Exhibición de karate – Concello de Fene

O pavillón da Xunqueira e a piscina municipal de Centieiras acolleron a pasada fin de semana a exhibición das escolas deportivas e a festa acuática das escolas da piscina municipal. Dúas xornadas que combinaron xogo e deporte e que serviron para amosar o aprendido polo alumnado das escolas deportivas municipais ao longo do curso 2016/17.

Segundo informan dende a Concellería de Deportes, ámbalas dúas festas rexistraron unha elevada participación, tanto por parte do alumnado das escolas como por parte de familiares e amigos que acudiron en calidade de espectadores.

Neste curso 2016/17 a matrícula nas escolas deportivas municipais do Concello de Fene ascendeu a 1260 persoas.

As actividades do pavillón da Xunqueira e da piscina de Centieiras rematarán o vindeiro 30 de xuño, Nas demais instalacións, as escolas finalizarán xa este venres, 23 de xuño.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …