Anuncian a licitación da concesión para un establecemento de comidas e bebidas no paseo marítimo de Xuvia

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este mércores o anuncio do Concello de Narón da licitación para a selección mediante procedemento aberto do adxudicatario da concesión demanial ( en dominio público) dunha parcela para a construción e explotación dun establecemento expendedor de comidas e bebidas no paseo marítimo de Xuvia. O canon mínimo a abonar por parte do adxudicatario ás arcas locais estableceuse en 4.000 euros, se ben a concesión rematará o 20 de abril do ano 2037, podendo prorrogarse durante dez anos máis.

As persoas interesadas en obter documentación e información sobre este procedemento poden facelo durante os vindeiros 30 días naturais –contados a partir de mañá- a través da páxina web do Concello de Narón (no apartado “Perfil do Contratante” –www.naron.es-, dirixíndose ao propio Concello, ou a través do correo electrónico: contratacion@naron.es. A presentación das ofertas tamén poderá realizarse nun prazo de 30 días naturais –a partir de mañá- no Rexistro Xeral do Concello de Narón (Praza de Galicia, 1; C.P.:15.570).

O goberno local de Narón negociou con responsables da Demarcación de Costas en Galicia a cesión dunha superficie de 77.743 metros cadrados de dominio público marítimo terrestre localizada no paseo de Xuvia. Esta área inclúe un parque infantil e un pantalán e na mesma localizarase o establecemento expendedor de comidas e bebidas.

O edil de Urbanismo, Manuel Ramos, recordou que o local ocupará unha superficie de 280 metros cadrados. Do total, explicou, 150 corresponderanse coa superficie construída, 70 cunha terraza exterior aberta desmontable, 50 cunha terraza exterior cuberta e os 10 restantes cos aseos exteriores públicos. Ramos destacou o feito de que “a construción e explotación deste local permitirá ampliar a oferta de servizos na zona do paseo de Xuvia, moi transitada tanto pola veciñanza de Narón e comarca como por visitantes, que poden gozar dunha ampla zona verde cun parque infantil, outro biosaudable e un Circuito Vita”.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …

Un comentario

  1. Ganas de escarallar la mayor zona verde que tiene Narón a orillas del mar. Otra chapuzada más del tripartito.