Continúa aberto o prazo de inscrición para os equipos de base do Baloncesto Narón

Equipo premini – Baloncesto Narón

O Baloncesto Narón informa de que continúa aberto o prazo de inscrición na escola e os equipos de base. As persoas interesadas poden obter máis información no correo electrónico ad.santiagoapostol@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 610 659 667.

O club admite nenas e nenos en todas as categorías, empezando pola escola –dirixida ás cativas e cativos que naceron en 2010, 2011 e 2012- e pasando por premini -2008 e 2009-, minibasket -2006 e 2007-, infantil -2004 e 2005-, cadete -2002 e 2003- e junior –anos 2000 e 2001.

Unha das novidades de cara á próxima temporada ten que ver coa ampliación dos horarios da escola. As pequenas e os pequenos que queiran iniciarse no mundo do baloncesto poderán elixir dous días entre luns e xoves (en horario de 17,30 a 18,30, agás o luns, que é de 17,00 a 18,00 horas), segundo mellor lles conveña.

A directiva do Baloncesto Narón anima ás familias a apostar por este deporte e este club, que leva varios anos medrando en número de fichas e en nivel competitivo nas diferentes categorías.

Lea también

Atletas galegos participan no campionato de España Máster de 5K

Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de …