EU Narón faise eco das queixas veciñais polas avarías masivas de Movistar

Veciñas e veciños de A Gandara puxéronse en contacto co Voceiro de EU no Concello de Narón André Abeledo para transmitirlle as súas queixas pola avaría masiva que deixou sen liña de Movistar a veciñanza da zona, e que xa vai xa polo segundo día.

Abeledo indica que unha empresa como Movistar que ten pingües beneficios cada ano debería estar obrigada a reverter estes beneficios na mellora dun servizo que en Narón é moi deficiente, deficiencias que na zona rural poderiamos calcificar de moi graves.

Urxe a inversión para que a veciñanza poda desfrutar dun servizo de certa calidade.

As naronesas e naroneses pagan a prezo de ouro velocidades ridículas de internet, e servizos de telefonía de baixa calidade.

Dende EU Narón animan a veciñanza a que reclame polo tempo que a empresa os deixe sen liña. Movistar ten unha responsabilidades e de non cumprir co servizo como neste caso terá que asumilas.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

2 comentarios

  1. De verdad que alguien se «puso en contacto» con el concejal para darle las quejas? No será más bien que el concejal fue detrás de la noticia para salir en la foto?

  2. Presumimos de turismo y luego no hay ni Internet, cosas de aldea