Marcos Ruiz defenderá as cores da selección galega no campionato de España

Marcos Ruíz nunha proba – Triatlón Ferrol

Marcos Ruiz representará á selección galega absoluta no campionato de España de comunidades autónomas no que Galicia sempre opta ao podio.

A promesa do Triatlón Ferrol chega case recuperada dunhas fortes molestias en cuádriceps e adutor, que lle impediron correr cómodo no campionato de España por clubs de Pontevedra. A pesar diso, o gran rendemento de Ruiz motivou a chamada da selección galega.

Agora deberá conseguir a mellor posición posible no tríatlon individual deste sábado para puntuar para a xeral e opta a formar parte do equipo de relevo mixto que presente Galicia para pechar o campionato.

O fenés será o único representante do Triatlón Ferrol debido á ausencia de Inés Santiago, quen competirá no Europeo sprint, de Carmen Gómez e Camila Alonso por lesión e de Melina Alonso por motivos laborais.

Lea también

Atletas galegos participan no campionato de España Máster de 5K

Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de …