O Concello de Cabanas únese á campaña “Construíndo diversidade” con motivo do Día das Diversidades Sexuais

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

Con motivo, hoxe, da conmemoración do «Día das diversidades sexuais», o Concello de Cabanas únese á campaña que desde a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña estase a organizar baixo o lema «Construíndo diversidade». Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a necesidade de xerar unha sociedade igualitaria e xusta, apoiando á diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade, así como normalizar a comunidade LGTBQI.

Por isto, este mércores 28 de xuño, Día das Diversidades Sexuais, a casa consistorial exhibe bandeiras LGTBQI e distribuirá bolsas, chapas e cartaces informativos elaborados pola Deputación para sensibilizar e visibilizar a diversidade na orientación sexual e da identidade de xénero.

Ademais, á volta das vacacións estivais, no vindeiro curso escolar desenvolveranse obradoiros dirixidos ao alumnado do CEIP Eladia Mariño e do IES Fraga do Eume para traballar esta temática.

Así mesmo, o Concello súmase a través das redes sociais á acción de difusión dun vídeo promocional de sensibilización e concienciación sobre esta temática promovido pola Deputación.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …