O alcalde de Ferrol destaca o alto grado de inserción laboral dos mozos que completan os FPB

Instante do acto – Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes Celeiro, participaron este mediodía da entrega de diplomas ao alumnado do cursos FPB-ADF 206/2017.

Foi nun acto que tiña lugar este mediodía no auditorio do centro cultural Carvalho Calero, no Inferniño. Neste curso 2016/2017 tomaron parte 75 alumnos (39 rapaces e 36 mozas), algúns deles con necesidades especiais, dos que 50 remataron a súa formación con bo porcentaxe de inserción laboral: o 40% sobre 60% dos que completan a súa formación, de acordo aos datos facilitados hoxe polos coordinadores do programa.

O alcalde, Jorge Suárez, que pechaba o acto, subliñaba a importancia deste programa que leva 16 anos en pé, e xa formou a mais de 1.200 alumnos, cunha oportunidade laboral na formación teórica e práctica, con boísimos resultados no accesos destes mozos e mozas ao mercado laboral a idades moi temperás, nas que atesouran unha valiosa experiencia gracias as oportunidades que lles brinda este programa formativo e as empresas que colaboran.

Os FPB-AFD veñen desenvolvéndose dende o curso escolar 2001/2002,en virtude aos convenios asinados entre a Xunta, catro IES da comarca -tres en Ferrol e un en Neda- e empresas de prácticas. Nesta edición 2016/17, as empresas participantes dos FPB foron 28, con 42 puntos para a realización das prácticas dos 16 cursos académicos en catro perfís: restauración e hostalería, limpeza e comercio, industrias alimentarias e comercio (almacén).

Lea también

Los «Premios Àrtabros » en gráficas y testimonios

En una brillante jornada, con “abarrote total” en la tarde del sábado, día 20 de …