Ferrol prepárase para ruxir no 48 Rallye de Ferrol

Instante da presentación – Concello de Ferrol

Os mellores pilotos de España daranse cita o vindeiro fin de semana (7 e 8 de xullo) na cidade naval para disputar a 48 edición do Rali de Ferrol, que se celebra de forma ininterrompida desde 1969 na comarca e que presume de ser a proba mais complexa e completa do Campionato de España.

A proba foi presentada pasado o mediodía no salón de Recepcións do Concello de Ferrol, nunha rolda de prensa encabezada polo concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta, Marta Míguez, o piloto Javier Bouza e Estrella Castrillón, da Federación Española de Automobilismo.

Este ano serán 465,16 quilómetros de percorrido con 8 tramos cronometrados (153,32quilómetros), co cuartel xeral nos pavillóns de FIMO, en Punta Arnela, e a saída e a meta na Avenida de Esteiro. A proba conta co respaldo da Asociación de comerciantes e Hostaleiros do barrio.

O Concello está a poñer todo a disposición da organización –Policía Local, Bombeiros e Protección Civil– para que o rali vaia sobre rodas”, apuntaba o concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, que destacou a fonda tradición da urbe co mundo do motor, logo de poñer o acento na importancia de garantir a seguridade na proba e de atender as recomendacións da dirección da carreira.

Para nós é un orgullo que Ferrol sexa unha referencia no mundo do rali. E mais que salientable que sexa a 48 edición ininterrompida”, manifestaba tamén o rexedor, Jorge Suárez, que presidía o pleno ordinario de fin de mes ao tempo que se presentaba a proba.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes da cidade, eloxiou o traballo da Escudería Ferrol como un exemplo da organización desta proba, que conta cun amplo tecido de afeccionados enraizados na comarca logo de case medio século de historia, proba tras proba.

Lea también

Valdoviño celebra la V edición de su Gala del Deporte

El Ayuntamiento de Valdoviño celebra este viernes 19 la V edición de su Gala del …