O Triatlón Ferrol presenta unha representación de 26 deportistas ao campionato galego de ácuatlon

Marcos Ruiz – Triatlón Ferrol

Un amplo equipo de 26 deportistas formarán a expedición do Triatlón Ferrol no campionato galego de ácuatlon que este domingo acolle o Concello de Poio.

Ao coincidir coa Copa de Europa de Altafulla, Melina Alonso non poderá revalidar o título gañado en 2016 pero Marcos Ruiz si defenderá a medalla de bronce absoluta e prata junior que se colgou a pasada temporada en Cedeira.
Polo tanto, a representación departamental estará formada por Pablo Pedrosa e os juniors Marcos Ruiz, Iván Puentes, Iker Pita e Emma Romeo xogándose os postos na categoría raíña.

En menores, a Escola Javi Gómez Noya contará con catro benxamíns, sete alevíns, catro infantís e seis cadetes.

O campionato galego de ácuatlon disputarase en distancias que van desde os 100 metros de natación máis 500 m de carreira para os bexamíns aos 1.000 m a nado seguidos de 5 km a pé para a categoría absoluta.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …