Grandes resultados para o Club de Baile Deportivo Narón no Campionato de España

O Baile Deportivo Narón en Valencia – Concello de Narón

A última fin de semana do pasado mes de xuño celebrouse en L´eliana (Valencia) o Campionato de España de Bailes Latinos, Danza Coreográfica e Proba de promoción, entre outras modalidades. Integrantes do Club de Baile Deportivo Narón obtiveron importantes postos nas diferentes categorías, resultando campiona de España en Adulto 2 de Latinos a parella formada por David López e Jessica García –por terceiro ano consecutivo- e tamén dous grupos de Danza Coreográfica do Club de Baile Deportivo Narón, Narón Kids e Remember Narón, a maiores das parellas que ascenderon na fase promocional do evento e tamén doutras parellas e grupos que acadaron importantes postos no campionato.

Desde o Club de Baile Deportivo Narón destacaron o excelente traballo realizado polos organizadores do evento e felicitaron aos participantes polos magníficos resultados obtidos. Ao respecto subliñaron que, a maiores do primeiro posto de David López e Jessica García na modalidade de Adulto 2; Jesús Marcos Doval e Lucía Fernández quedaron subcampións da mesma categoría e David Díaz e Mireia Balada lograron o cuarto posto na Absoluta.

O clube valorou tamén os resultados acadados na modalidade de Danza Coreográfica, donde o grupo Narón Kids resultou campión de España Xuvenil Avanzados, e Remember Narón obtivo o primeiro posto na categoría Nacional; Ritmo de Narón quedou subcampión de España na de Absoluta Avanzados e Dance Narón subcampión de España en Junior Avanzados. Así mesmo, No Limits conseguíu o posto de subcampión de España Absoluta Iniciados; We Dance o terceiro de Junior Iniciados e Dance Girls o cuarto de Xuvenil Avanzados.

En canto ás probas de promoción que tiveron lugar no citado campionato, deportistas do Club de Baile Deportivo Narón destacaron tamén entre o resto de participantes. Neste caso a parella formada por Samuel García del Pozo e Noelia Rey ascendeu á categoría B de Latinos; Antón García e Sara Veiga á C de Latinos e Anxo Sanjurjo e Laura Fernández á C de Stándar.

Desde a citada entidade deportiva aseguraron estar moi orgullosos do traballo realizado no campionato estatal “tanto polos deportistas clasificados como por todos aqueles que, a pesares de non atoparse entre os primeiros clasificados nesta ocasión, amosaron ante o público asistente o seu bo facer, debido ao gran esforzo realizado nos adestramentos ao longo do último ano”. Os representantes do clube naronés agradeceron tamén publicamente o apoio recibido por parte dos aficionados que, a novecentos quilómetros de distancia, fixeron co bo ambiente reinante que os deportistas se sentiran como na casa.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …