Completada a instalación de estruturas para os colectores e acondicionamento do Camiño da Touza, entrada ó parque das Fragas

Camiño Touza – Concello de Cabanas

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate dos traballos de instalación de dez estruturas de madeira para cubrir os colectores de lixo no entorno do parque natural das Fragas do Eume e o acondicionamento do Camiño da Touza, unha das súas portas de entrada.

O mobiliario urbano ubicado permitirá, segundo explicou o alcalde, mellorar a imaxe nun espazo natural singular e súmanse a outras dez estruturas colocadas a primeiros de ano. Pola súa banda, a intervención de acondicionamento do camiño contemplou o desbroce, limpeza e rebacheo.

No seu conxunto, o Concello investiu 39.737,10 euros e contou cunha achega da Consellería de Medio Ambiente procedente do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Lea también

Cumpleaños centenario de Dª María Mira en Ortigueira

Durante la mañana de este lunes 15 de abril, la concelleira de Saúde, Cultura e …