Ferrol Vivo considera un agravio que a Xunta promocione o Camiño Inglés coa imaxe da Coruña

Folletos da promoción – Foro Ferrol Vivo

O Foro Ferrol Ferrol denuncia os folletos sobre o Camiño Inglés editados pola Xunta que se poden coller a día de hoxe en diferentes establecementos hoteleiros da nosa cidade, xa que nas súas imaxes principais só aparece a Torre de Hércules, nun claro “agravio” a Ferrol. Nomeadamente, trátase dun folleto turístico –editado, semella, para o Xacobeo de 2010-, no que na portada aparece o coñecido monumento coruñés –deixando ao porto ferrolán para a contraportada-, así como do Pasaporte do Peregrino, no que unicamente difunden a foto da torre.

Para o Foro Ferrol Vivo resulta indignante que a Xunta manteña estes folletos, cando de todo o mundo é sabido que o Camiño Inglés, malia ter esas dúas variantes, so tiña concedida a Compostela dende Ferrol por ser a única que supera os 100 kilómetros que esixe o Cabildo, mentres que a Coruña recibiu o visto bo desta institución eclesiástica en decembro de 2016 e con condicións –concede a Compostela cando se chega dende o porto coruñés despois de ter feito outros tramos do Camiño nos seus respectivos países de orixe ou para habitantes da Coruña e arredores que previamente realizaron as visitas pertinentes aos espazos xacobeos da cidade herculina-.

Polo tanto, “nin tiña sentido no 2010 nin o ten agora que o material empregado para difundir e informar acerca do Camiño Inglés prexudique claramente á cidade que debería por diversas razóns, comezando polo propio traxecto, ser a principal e máis destacada”, dixo a voceira do Foro, Eva Martínez. A este respecto, subliñou a importancia de colaborar entre administracións para evitar que se produzan estes feitos, así como, o máis relevante, que se poida impulsar a Camiño Inglés dende Ferrol. O arranxo do seu inicio en Carme Curuxeiras, as melloras e axeitado mantemento dos tramos que atravesan polo noso municipio –como os de Caranza, denunciados polas propias veciñas e veciños do barrio- e a apertura dun albergue –que tería na antiga sede de Aduanas, no porto, unha ubicación magnífica- son necesidades a curto prazo para un Camiño que podería experimentar un impulso notable se a maiores poden desenvolverse intervencións como a que lidera o artista local Eduardo Hermida para a Primeira Milla. Todo iso, afirman dende o Foro, complementado cunha correcta publicidade do Camiño Inglés, pode supoñer un revulsivo que deixaría, sen dúbida ningunha, grandes beneficios para a nosa cidade.

Polo tanto, o Foro Ferrol Vivo pide a retirada desa publicidade e documento de viaxe de peregrinos dos puntos de turismo e hostalería –comezando polos da nosa cidade- para actualizala por outros folletos e pasaporte no que, polo menos, o protagonismo sexa o que corresponde; isto é, primeiro Ferrol e logo A Coruña. O recentemente creado Consorcio do Camiño Inglés, do que forman parte 18 municipios –os que integran o traxecto dende Ferrol- pode, e debe, xogar, a xuízo do Foro, un papel determinante na difusión, promoción, conservación e revitalización desta ruta.

Lea también

Los Mupis de Ferrol promocionan la Semana Santa

El Ayuntamiento de Ferrol ha actualizado los mupis que dan la bienvenida a la ciudad …

Un comentario

  1. Dejémonos de tonterías: En los foros de peregrinos se muestran las opiniones acerca del Camino Inglés desde Ferrol y vienen coincidiendo en que:

    – El Camino está mal señalizado.
    – El trazado está mal diseñado.
    – Los pocos albergues son peores que en otros caminos.
    – No está cuidado.
    – Los ayuntamientos por los que pasan no cuidan especialmente ni al propio camino ni a quien desea recorrerlo.

    Vamos a preocuparnos de limpiar nuestra casa, arrglando las zonas por las que pasa el trazado con subvenciones o con inversiones directas municipales. Vamos a mantener la señalización y a mejorarla; vamos a dotar a Ferrol de un albergue… y luego vamos a reunirnos con todos los ayuntamientos por los que pasa para entre todos buscar cómo mejorar el trazado y dar un servicio mejor.

    Lo de la Torre de Hércules es lógico: Es Patrimonio mundial, de los pocos bienes con esa distinción en Galicia, y un icono de la comunidad.