O Maratón de Fútbol Sala Festas do Carme xa coñece os seus gañadores

Cervecería Silver, campións do torneo masculino – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Esta fin de semana disputouse na pista do Colexio Santa María o tradicional torneo veraniego de Fútbol Sala das Festas do Carme, organizado polo Esteo coa colaboración do Concello de As Pontes. Déronse cita 32 equipos, 21 en masculino, 7 nos veteranos e 4 femininos.

No torneo Sénior masculino chegaban á gran final o Cervecería Silver e o Fisioterapia Him & Her. O campión era un gran equipo, con Adri á cabeza, internacional español, ex de Azkar Lugo, ElPozo Murcia, agora no KPRF da potente Liga Rusa. Tamén estaban, de O Parrulo, o porteiro Illi, Alex Durán, o ex xogador de O Esteo Rubi, e tamén Jacobo, que anotaron 23 e 20 goles respectivamente nesta tempada do ascenso. Tamén, o ex do conxunto pontés, Alberto Carro, que xogou esta campaña no fútbol transalpino, e algún que outro xogador importante.

Do outro lado tamén había un moi bo equipo, cos xogadores de O Esteo Róber Paz, Gerardo, Púas, o peche Gerveno, Diego Pellón, ou o porteiro Óscar Ferreiro. Pero na final foi moi superior o equipo alaranxado, que se adiantou por medio dun polémico penalti moi ben tirado por Adri, e despois Rubi cun golazo polo escuadro facía o 2-0 antes do descanso. En boa xogada de extratexia a pouco da reanudación chegaba o 3-0, que foi a sentenza aínda que o Fisioterapia buscou recurtar distancias con Gerardo de porteiro xogador.

O campión sumou seis vitorias que se resumiron en 25 goles a favor e só un en contra. Anteriormente ambos equipos eliminaran en semifinais a Pichi Sport e Colmenar Viejo por un axustado tanteo de 1-0. O campión venceu cun solitario gol nun partido que dominou, pero o triunfo foi moi traballado, e igual lle foi ó Fisioterapia, que estrelou dous balóns nos paus ata que Púas logrou a ventaxa que foi definitiva.

No torneo de Veteranos, comezaba gañando Muebles Eume, pero no segundo tempo, un tanto do mítico Gogas, e Javi sobre a bocina déronlle a volta ó marcador, e o título a Electricidad J&O. Ambos equipos chegaran á final tras desfacerse en semifinais de A Cepa (5-2), o campión, e de Loterías el Búho (2-0), o subcampión.

No torneo feminino chegaron á final Al Alhy e Pinturas Colormix, que no seu grupo quedaron por diante de Equipo Urgente, terceiro, e Óptica Baamonde, cuarto. O equipo de Diego Soto, no que estaba a pontesa Raquel García Ferreiro, Campiona de España sub17 coa selección galega o ano pasado, puido vingar o 0-4 da fase de grupos, gañando a final por 2-0.

Ó remate do torneo, sobre as oito da tarde, entregáronse os diversos trofeos ós catro primeiros clasificados, e asemade ó mellor porteiro e xogador de cada categoría. Correu a cargo do Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e o Presidente de O Esteo Fran Fernández.

Mellores xogadores foron Adri (Cervecería Silver), Sito (Electricidad J&O) e Carol (Al Alhy), mentres que mellores porteiros foron Illi (Cervecería Silver), Palotes (Muebles Eume) e Lucía (Pinturas Colormix).

Al Alhy campionas do torneo feminino – Xosé Ferreiro

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …