Seleccionada a banda «Quenindiole», de Ferrol, no concurso musical «Quero Cantar»

Sete bandas de Brión, A Coruña, Ferrol, Oroso, Ourense, Santiago de Compostela e Teo pasan á segunda fase da segunda edición do concurso musical infantil e xuvenil “Quero Cantar”, convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

Un xurado composto por persoas recoñecidas no mundo da música e a dinamización de proxectos musicais no ámbito infantil e xuvenil como Xiana Lastra, Sonia Lebedybski, Manuel Maseda, Andrea Porto e Paula Romero e presidido pola vicepresidenta e responsábel das áreas de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, coa xefa do servizo, Mercedes Fernánez-Albalat como secretaria escolleu sete bandas para pasar á segunda fase do “Quero Cantar” na súa segunda edición.

Despois dunha audición das cancións presentadas polos distintos grupos, o xurado decidiu que pasaran á segunda fase as seguintes bandas e cancións:

Grupo……………………. ………………………… ………………………… ….Canción

As estrelas do rock (Brión)………………….. ………………………… …Tolemia animal

Os nenos da vella (A Coruña)………………….. ……………………….. Quero xogar

Quenindiole (Ferrol)…………………. ………………………… …………….Vinde bailare

Coro da Escola de Música “José Verea” (Oroso)………………….. Benvido a Hawai

Brisiñas da sobreira (Ourense)………………… ………………………… Ruliña

Angry cats (Santiago de Compostela)………………. ……………….Para gustos fixeron sabores

Máis boas cás patacas (Teo)……………………. ………………………… …..Son muller

As bandas pasarán unha segunda fase cun xurado composto por público infantil de Escolas de Música antes de se escolleren as finalistas que actuarán na gala final que terá lugar no Teatro Colón no outono.

As finalistas gravarán un CD do que se fará unha edición de 1.000 exemplares e se distribuirá na rede. Os premios consistirán en 1.500, 1.000 e 5000 € en material escolar ou produtos culturais en galego.

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …