Ferrol abre un novo prazo extraordinario para ofertar 67 prazas en campamentos de igualdade en agosto

Cartel do campamento – Concello de Ferrol

O Goberno de Ferrol ven de habilitar un novo prazo extraordinario para inscribirse nos campamentos de verán do Concello de Ferrol para o mes de agosto 2017. Trátase de cubrir as 67 prazas que quedaron vacantes na primeira quenda e darlle aos nenos e nenas que quedaron na lista de garda, e as familias interesadas, a oportunidade de conciliar nos meses de verán cos dous obradoiros en Serantes (30 prazas) e na AVV de Covas e Esmelle, con 37 vacantes.

Son dous obradoiros temáticos da Concellería de Igualdade, PequeEmprende no local da AVV de San Salvador de Serantes e Parque Natural, en Covas, con actividades mais ligadas ao entorno ambiental. Están dirixidos a nenos de 3 a 13 anos e son completamente de balde.

O prazo ábrese mañá, mércores 12 no Rexistro Xeral do Concello onde estará a ficha de inscrición a disposición das familias e titores. Péchase as 14:00 horas do venres 14.

Estas 67 prazas quedaron vacantes da oferta de 460 que lanzou o Concello de Ferrol con 5 obradoiros en 7 localizacións do ámbito urbano e rural, que tiveron moi boa acollida en Praza de España, Ferrol Vello, Esteiro, Santa Mariña, Serantes, Covas e Esmelle. Do mesmo xeito que nas prazas anteriores, para estas 67 atenderanse as solicitudes por orden de inscrición seguindo os seguintes criterios de preferencia:

1º- As/os menores empadroadas/os no Concello de Ferrol que non optaron a ningún obradoiro temático ofertado na convocatoria anterior deste ano.

2º- As/os menores empadroadas/os no Concello de Ferrol que xa optaron a algún obradoiro temático ofertado na convocatoria anterior deste ano e queren repetir.

3º- As/os menores non empadroadas/os no Concello de Ferrol.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para os/as menores que non obteñan praza, crearase unha lista de espera, e iranse incorporando na medida que se produzan baixas.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …

Un comentario

  1. Plazo extraordinario porque es tan ‘exitoso’ el desarrollo de los campamentos, que hay plazas de sobra que no saben ni como cubrir. Otro fracaso más que añadir a la Era Suárez.