O concelleiro naronés Pablo Villamar xestionou que a diputación transfira estradas ao concello

O concelleiro de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica, Pablo Villamar, reuniuse a pasada semana co responsable de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, para abordar a posibilidade de que a administración provincial transfira á local algúns viais da súa titularidade. O edil naronés valorou a boa disposición” amosada desde a Deputación para colaborar na transferencia das travesías da Gándara e Concepción Arenal e da Avenida de Santa Icía.

A solicitude formulada desde o goberno local naronés está en fase de estudo por parte da administración provincial, tal e como apuntou Villamar. O edil de Promoción Económica destacou o feito de que “no caso de que esas vías pasen a ser de titularidade municipal o Concello poderá acometer nelas unha serie de intervencións que pemitirán continuar avanzando en áreas como a mellora de accesibilidade nas estradas e beiravías da cidade”. Precisamente esta última é unha das reivindicacións formuladas desde a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, cuxos representantes se reuniron hai uns días co edil de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica.

A petición da transferencia dos citados viais é unha vella reivindicación do goberno local naronés, que xa «a inicios do anterior mandato xestionou desde Alcaldía esta demanda e que, lamentablemente, tal e como se apuntou, non foi posible materializar co anterior presidente da Deputación da Coruña». “Confiamos en que nesta ocasión as xestións e o bo entendemento reinante na actualidade entre ambas administracións dean os seus froitos”, subliñou Villamar. O edil naronés incidiu no feito de que desde o goberno local, e á vista do transcurso da reunión, “confiamos en que as nosas peticións se materialicen”.

Así mesmo, na xuntanza, Villamar e Pequeño tamén falaron sobre o proxecto que a Deputación ten pendente de executar no último tramo da estrada do Feal. A maiores da ampliación da calzada no traxecto no que é máis estreita, desde o goberno local naronés incidiron na necesidade de que ese proxecto contemple a dotación dos servizos de abastecemento e saneamento nese tramo. Así llo manifestou Villamar ao responsable de Vías e Obras da Deputación, que pola súa parte se comprometeu a analizar esa posibilidade.

“Desde o goberno local de Narón continuamos apostando por ofrecer vías de colaboración entre as administracións, defendendo un entendemento que en todo momento redundará en beneficio dos veciños e das veciñas de Narón”, recalcou Villamar.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

Un comentario

  1. Oswaldo Carromero

    «Xestionou». Y digo… «xestionou», qué? NADA. Fue a hacer el paripé a junto de sus colegas del Bloque que están en la Diputación. Porque la realidad es bien tozuda en lo que de la Diputación depende: Carretera del Trece, 2 años de retraso y más de 1 año de obras que quedan. Carretera del Feal: sin novedad en el frente. Vías para las que pide Villamar la transferencia: sin novedad en el frente, porque no ha conseguido más que aquello de «ya lo iremos mirando». TEGA y sus acólitos siguen vendiendo humo.