Os Sons Cubanos do Trío Soboney amenizarán este xoves a festa da veciñanza de Fene

Trío Siboney – Concello de Fene

A praza do alcalde Ramón Souto González acollerá este xoves 13 de xullo, a partir das 20.00 horas, unha nova edición da Festa da Veciñanza, xornada de convivencia interxeracional na que maiores e pequenos de Fene comparten unha tarde de lecer, gastronomía e música. Entre os principais atractivos da xornada, salientará a tradicional churrascada, inchables para os nenos/as e unha actuación musical que este ano correrá a cargo do Trío Siboney de Cuba.

As persoas que desexen asistir á churrascada da Festa da Veciñanza -e non mercaran os tickets durante o período de venda anticipada- poderán adquirilos o mesmo xoves a partir das oito do serán. Dende a Concellería de Cultura de Fene advírtese de que o día da festa só se porán á venda un máximo de 200 tickets. Venderanse ao prezo de 5 €, podendo logo canxearse por unha ración que incluirá prato de empanada, churrasco, bola de ovo e botella de auga.

A churrascada, organizada pola AAVV de Magalofes coa colaboración das sociedades culturais e veciñais de Fene e do propio Concello, comezará ás 20.00 horas e completarase a partir das 22.30 horas cun “baile actuación” a cargo do Trío Siboney. Para os máis pequenos/as da casa, anúnciase tamén unha zona de inchables.

TRÍO SIBONEY
Orixinarios de Camagüey, Geovani Gonzalez (voz principal e percusión), Alfredo Alvarez (piano e coros) e Tato Rivera (percusión, congas, bongo e coros) forman este grupo de pura música cubana que interpreta ritmos e melodías da súa terra natal coa mestría propia dos grandes no seu estilo. Nesta ocasión, actuarán acompañados de Pablo (maracas, voz e coros).

O trío Siboney inclúe no seu repertorio diferentes estilos da música popular de Cuba coma o bolero, o chá chá chá, a guajira, e o son cubano, entre outros. Algunhas das cancións que forman parte do seu repertorio son: Esperanza, Me voy pal pueblo ou El cuarto de Tula.

Ao seu paso por Fene, o trío Siboney fará un repaso por cancións eternas e melodías que permanecen na memoria de todos.

Trala festa da veciñanza do xoves 13 de xullo, o programa que organiza a Concellería de Cultura de Fene continuará o venres 14 de xullo (20.30 horas) coa lectura da declaración institucional do “Día da Patria Galega” no Parque Lineal do Río Cádavo, fronte ao monumento “Día da Patria”.

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …