Un total de 33 deportistas do Triatlón Ferrol participarán no Tríatlon do Miño

Marcos Ruiz en competición – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol contará con 33 representantes no Tríatlon do Miño deste domingo.

Coa posibilidade de gañar unha das prazas en xogo para o campionato galego, competirán os cadetes Juan Rejas, Yago Suárez e Jorge Morado, os juniors Emma Romeo, Marcos Ruiz e Iván Puentes, o sub-23 Pablo Pedrosa, os absolutos Borja Catrufo, Roberto Martínez, Luis Rilo, Basi Seijas e Edu Saavedra e os veteranos Pablo Sanjurjo e Jose Ferraces.

Completando o equipo na proba masculina sen límite de tempo para rematar, tomarán a saída Marcos Caneiro, Iker Pita, David Campos, José María Eiroa e Alberto Caneiro.

A canteira ferrolá sumará un cadete e seis infantís na proba popular minisprint e, na cita de promoción de base, un benxamín e seis alevíns participarán nun Nada e Corre.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …