O BNG reuniuse cos traballadores do mantemento eléctrico para abordar a remunicipalización

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta semana un encontro cos traballadores do servizo de mantemento eléctrico do Concello co obxectivo de analizar con eles os pasos a seguir de cara a acadar a xestión pública do subministro e do mantemento electrico na nosa cidade.

O BNG considera que é preciso que o goberno local asuma a importancia deste servizo e encare decididamente o obxectivo da xestión pública do mesmo e avancemos dunha vez na mellora da prestación deste servizo municipal

Para poder camiñarse cara a remunicipalización deste servizo é preciso que o goberno local acometa a elaboración dos informes necesarios, según o BNG:

– Que elabore a declaración de servizo público esencial do servizo de subministración e mantemento eléctrico e a determinación do persoal necesario para o desenvolvemento desta actividade e a forma de integralo na administración local co fin de cubrir necesidades urxentes e inaprazábeis.

– Así mesmo é preciso que se elabore a comprobación de que non se vai producir un incremento da masa salarial tal e como aparece recollido na lei de estabilidade Orzamentaria“.

Para o BNG unha vez cumpridos estes dous obxectivos o proceso de remunicipalización do servizo sería viabel.

Lea también

Actos en la zona norte contra la violencia de género

EN FERROL A las 10.00 h. En el salón de actos del Campus de Ferrol, …

Un comentario

  1. Haciendo amigos para colocarlos a dedo en el Ayuntamiwnto. Y ellos encantados. Las oposiciones para los demás y los del BNG desatendiendo a los principios de capacidad y mérito. Lamentable.