O BNG chama a atención sobre a xestión turística do goberno local

Folletos da promoción do Camiño de Santiago – Foro Ferrol Vivo

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere chamar a atención sobre a xestión do turismo na cidade e a «deixación que se fai sobre o mesmo a comezar por unha constante» como é a carencia de material redactado en galego na oficina de Turismo.

Así mesmo o BNG destaca que como co anterior goberno do PP o albergue de peregrinos «segue a ser unha promesa sen concreción que o PP pretendía ubicar no edificio de Aduanas e FeC na Casa do Mar pero na prática é todo fume«.

Para o BNG a discriminación nos folletos turísticos do camiño inglés do que se exclúen imaxes relativas a Ferrol ou dalgún lugar do camiño ferrolán como Pontedeume ou Neda é produto da execpcionalidade coa que se dotou á cidade da Coruña para poder obter á “Compostela” a pesar de estar a menos de 100 quilometros de Santiago, algo que non acontece con ningún outro concello. «Esta decisión pactouse entre o goberno da Coruña e o Compostelán coa anuencia do goberno ferrolán«, según o BNG.

Para o BNG estas cuestións evidencian a absoluta pasividade do goberno e a deixación de funcións en materia turísitica cos prexuizos que ocasiona á cidade e á súa economía.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …

Un comentario

  1. y de todo esto nos enteramos por el bng , el alcalde me esta decepcionando un dia tras otro , si no defiende a ferrol no vale , y el psoe , pp …., no se enteraron ?, me parece que mi proximo voto sera para quien defienda a la ciudad por encima de todo