Inés Santiago mellora o seu resultado nas Series Mundiais de Hamburgo sendo 30ª

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

Inés Santiago selou un notable 30º posto nas Series Mundiais de Hamburgo.

Despois de debutar no máximo circuíto internacional nese mesmo escenario, a canteirá do Triatlón Ferrol comezou nadando no grupo e marcando unha excelente transición para meterse no pelotón perseguidor. Chegou a quedar cortada por un intre, logrou volver dar alcance ao grupo aínda que unha caída no ciclismo dividiu o pelotón.

Xusto diante de min caeron 4-5 triatletas. Eu tiven sorte, puiden esquivalas e non ter que baixar da bici. Despois, baixei a correr sabendo que non estaba nada perdido e que había xente do primeiro grupo á que aínda podía coller”, explicou a ferrolá. Así foi como Inés Santiago se pegou a rivais con bo ritmo para rematar 30ª.

Desta forma, a internacional do Triatlón Ferrol mellorou o 33º lugar de 2016.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …