O Triatlón Ferrol logra o título do Tríatlon do Miño

O Triatlón Ferrol no máis alto do podio – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol foi o mellor no Tríatlon do Miño grazas ao cuarto posto de Marcos Ruiz, o sétimo lugar de Iván Puentes e á 17ª posición de Pablo Pedrosa.

En cabeza desde a natación, Marcos Ruiz chegou á segunda transición en postos de medalla e rematou conseguindo a cuarta praza da xeral liderada polo internacional Antonio Serrat e proclamándose campión junior. En sétima posición e como segundo junior, Iván Puentes loitou para entrar no top-10. Na 17ª praza, Pablo Pedrosa foi o terceiro membro do Triatlón Ferrol en puntuar.

Completaron a actuación dos departamentais, Basi Seijas -25º-, Jose Ferraces -46º-, Pablo Sanjurjo -50-, Luis Rilo -54-, Borja Catrufo -56-, Roberto Martínez -70-, Iker Pita -80-, Marcos Caneiro -87- e Alberto Caneiro -111- xa que Emma Romeo, Jorge Morado, Juan Rejas, Yago Suárez, Edu Saavedra e David Campos tiveron que retirarse da competición por caídas ou problemas físicos.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …