Valdoviño e Xunta avanzan no proxecto para dotar dunha rede de abastecemento de auga potable á parroquia de Pantín

Dotar dos servizos básicos ás diferentes parroquias é unha das prioridades do Concello de Valdoviño e, con este obxectivo en mente, o alcalde, Alberto González, desplazábase a semana pasada a Santiago para manter unha xuntanza de traballo co director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez. Na mesma, o rexidor avanzáballe a intención de dotar do servizo de abastecemento de auga potable ás parroquias de Pantín, Loira, Vilarrube e Vilaboa. Ata o momento, as vivendas destes núcleos carecen del e precisan de pozos e traídas para dispor de auga potable.

Actualmente, e tal e como lle trasladou ó director autonómico, Alberto González sinala que os servizos técnicos están a elaborar a memoria dos traballos –actuacións e orzamento- dunha primeira actuación, que se centraría na parroquia de Pantín. A grandes rasgos, construiríase unha rede xeral dende o entorno do CPI e ata o Ariño e, a partir dela, deseñaríanse os ramais precisos para estender o servizo a toda a parroquia.

Unha vez os técnicos conclúan a citada memoria, engade Alberto González, trasladarase a Augas de Galicia. Cuestión que se dará nas próximas semanas. Pola súa banda, o director comprometeuse a valorala e estudar a posible financiación autonómica. Trátase dun obxectivo ambicioso, segundo o alcalde, polo que as intervencións iríanse realizando escalonadamente –tanto pola complexidade dos traballos como polas necesidades orzamentarias-.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …