Valdoviño adiantará o 75% das subvencións ós equipos de fútbol no momento da firma dos convenios

Instante da firma – Concello de Valdoviño

Por primeira vez, os clubes de fútbol do municipio non terán que esperar a finais de ano para ver como o Concello lles ingresa o importe das subvencións anuais que reciben. E é que o goberno local aprobaba un anticipo do 75% da achega no momento da firma dos correspondentes convenios. Namentras que o 25% restante, recibiranno unha vez xustifiquen o destino dos fondos coa correspondente documentación. Nesta liña, o edil de área, Sergio Saavedra, explica que con esta medida o Concello quere dar facilidades ás entidades para levar a cabo os seus proxectos deportivos.

Neste 2017, o Concello destinará máis de 15.000 euros á promoción do fútbol a través dos convenios coas seguintes entidades: Meirás Club de Fútbol, Escuela de Fútbol Base Amistade de Meirás, Unión Deportiva Lago, Centro Deportivo Rosalía de Vilaboa e Club Sociedad Deportiva Valdoviño.

O alcalde, Alberto González, asinaba a semana pasada os primeiros convenios co presidente da Unión Deportiva Lago, Enrique Rapela Ferreira, e o presidente do Club Sociedad Deportiva Valdoviño, José Luis Campos Suárez.

Lea también

O Esteo logra unha importante victoria ante o Transricard Distrito Ventorrillo

(Xosé Ferreiro) Sufrido e valioso triunfo do O Esteo 4-3 no encontro disputado este domingo …