Eliximos Narón denuncia irregularidades nas obras de construcción do centro de Pedroso

Eliximos Narón emitiu un comunicado no que fai unha dura critica, denunciando irregularidades,  sobre as obras de construción do Centro de Dinamización Sociocultural de Pedroso.
Nel sinálase que «Xa é a terceira vez que denunciamos irregularidades , a primeira vez foi porque o proxecto non cumpría coa normativa, a segunda foi por que a construción non cumpría co proxecto, e agora facémolo pola inseguridade e patoloxías da construción, incumprimentos da normativa e do contrato, e deficiencias no proxecto no seu modificado Nº 2, que trata de xustificar as desviacións feitas durante a construción que resultan inxustificables.

As obras do Centro de Dinamización Sociocultural de Pedroso levan meses paradas, segundo se nos
informou dende o Goberno, porque a empresa concesionaria entrou en “concurso de acredores” e o
administrador concursal non está a xestionar a construción da obra.

Ditame dun arquitecto contratado por ENE sobre irregularidades

Ante a nosa preocupación polas posibles consecuencias para os ocupantes do CDS de Pedroso, contratamos pola nosa conta os servizos dun arquitecto para que fixese un ditame sobre a construción.

Este ditame é moi claro e non deixa lugar a dúbidas sobre as inseguridades e os
incumprimentos da construción, así como da necesidade de tomar medidas para a corrección das
patoloxías da mesma.

Outras irregularidades no contrato son:

1. A empresa no contrato comprometeuse a dar traballo a parados de larga duración do concello
durante un período mínimo de 8 meses que parece que non se cumpriu salvo para un dos
traballadores, pois os restantes foron despedidos aos 4 o 5 meses, parece ser que substituídos por
membros do persoal da empresa. Este feito foi denunciado no concello polos propios
traballadores sen que teñamos noticias de ningunha actuación ao respecto dende o goberno.

2. Falsidade documental na firma das certificacións de obra, por parte do empresario, do director
da obra e do técnico responsable do concello, que non recollen os cambios feitos na obra incumprindo o proxecto. Feito xa denunciado por Eliximos ante o Concello e a Deputación con anterioridade coa única acción coñecida da apertura de expediente ao Director da obra, sen ningunha consecuencia que teñamos noticias.

3. Logo da nosa segunda denuncia, elaborouse un novo modificado do proxecto para xustificar o feito e estívose a continuar a construción sen ter en conta algúns dos incumprimentos xa denunciados como, por exemplo, o incorrecto illamento das tubaxes, e volveron a firmar certificacións de obra que entendemos incorren en novas falsidades documentais.

ENE solicita ao alcalde e Deputación

Por todos estes motivos solicitamos á Deputación e ao Sr. Alcalde:

a) Que se teña en consideración as conclusións do ditame que se anexa para garantir a
seguridade dos ocupantes do CDS, e para dar cumprimento á lexislación e ao contrato.

b) Á vista das reiteradas falsidades documentais tanto do técnico municipal como do director da
obra, que se aparten da mesma e se estuden as súas posibles responsabilidades disciplinarias e
patrimoniais.

c) Por incumprimentos do contrato e á vista das reiteradas falsidades documentais do contratista,
que se estuden a imposición de sancións ao mesmo.

d) Que se proceda á contratación dunha Entidade de Certificación de Conformidade Municipal
(ECCOM) para que comprobe a validez do proxecto e da construción en todos os seus aspectos
ou informe das necesarias modificacións aos mesmos.

e) Que se proceda á reforma do proxecto de acordo cos resultados da ECCOM e se tramite o
visado do mesmo ante o Colexio de Arquitectos de Galicia

) Finalizados os pasos anteriores, que se fagan as reformas necesarias e se finalice a obra baixo a
supervisión da ECCOM para comprobar e certificar o cumprimento do contrato.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

Un comentario

  1. si eliximos naron encuentra irregularidades en esta obrilla que pasaria si llegaran estar cuando se hizo el pazo o el odeon , esto saltaria por los aires estilo marbella , obras con filtraciones de aguas y tejados ruinosos , placas y columnas que se vienen abajo y tienen parte del centro comercial cerrado durante años , y nadie pago por esos chanchullos ??