O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol

Cartel do torneo – Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anunciou esta mañá que o Concello de Valdoviño volverá a reeditar este ano a súa aposta pola celebración do Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Unha competición que, tras anos fóra do calendario local, recuperaba en 2016 cun notable éxito de convocatoria. Esta mañá abríase o prazo de inscrición para os equipos interesados en tomar parte. Deben formalizar a súa solicitude antes do 4 de agosto na Concellería de Deportes –segunda pranta da casa consistorial- de luns a venres de 10 a 13,30 horas ou chamar ó teléfono 626 46 55 31. A cota é de 11,06 euros na categoría senior e de 7,37 euros na categoría xuvenil.

O torneo arrancará o luns 7 de agosto e, a partir desta data, disputaranse partidos todos os días, en horario de 20 a 22 horas, aínda que o calendario configurarase en función dos equipos que se anoten. O torneo celebrarase no pavillón municipal do Longoiro, e está aberto á asistencia do público interesado en seguir os encontros.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …