Cabanas amplía a subvención a Cabanas Rural Asociación de Mulleres

Instante da firma – Concello de Cabanas

O alcalde, Germán Castrillón, vén de asinar o convenio de colaboración coa presidenta de Cabanas Rural Asociación de Mulleres, María Cruz Meizoso. Un convenio que, neste 2017, recolle un significativo incremento na cuantía da axuda, pasando de 2.000 a 3.000 euros. Nesta liña, o Concello quere así mellorar o apoio económico ás diferentes actividades que realiza ó longo de todo o ano Cabanas Rural e, especialmente, colaborar nun evento que se ten consolidado definitivamente no calendario local como é “A Fía da Lá”. Celebración que neste 2017 cumprirá a súa novena edición. Celebrarase en setembro no pavillón de Lavandeira e, novamente, coa confianza en reeditar o éxito de convocatoria de edicións pasadas.

Con ela, e grazas á entidade, Cabanas recupera e pon en valor unha tradición propia do municipio, contribuíndo á súa pervivencia.

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …