O sábado comeza o ciclo de concertos de verán «Sons na rúa» da Banda Ferrolá de Música

Narciso Pillo e Suso Basterrechea durante a rolda de prensa – Concello de Ferrol

Esta mañá en rolda de prensa o concelleiro de Cultura Suso Basterrechea xunto ao director da Banda Ferrolá de Música Narciso Pillo, deron conta da nova edición de concertos de verán nos barrios que xa tivo unha primeira experiencia o pasado ano cunha resposta moi positiva por parte da veciñanza dos distintos barrios.

Este ciclo incluirá 8 concertos que terán lugar todos os sábados ás 12.30 h ata o 2 de setembro, agás no caso do barrio de Caranza que será o domingo día 20 de agosto pero a mesma hora.

O concelleiro de Cultura Suso Basterrechea destacou que “falamos xa dun ciclo consolidado onde a resposta sempre foi moi boa tal e como aconteceu cos concertos da Banda Ferrolá de Música que durante o inverno e a primaveira tiveron lugar no Auditorio de Ferrol

Narciso Pillo pola súa banda destacou “que cada vez hai mellor acollida dos concertos da Banda Ferrolá de Música” e destacou “o importante labor que está facendo o concelleiro Suso Basterrechea na potenciación da Banda Ferrolá de Música e en levar a música aos distintos barrios

Máis polo miúdo as datas e lugares destes concertos son:

Ultramar – 22 de xullo

Praza do Himno Galego – 29 de xullo

Xardíns de Herrera – 5 de agosto

Ferrol Vello – 12 de agosto

Caranza – 20 de agosto

Castelo de San Felipe – 26 de agosto

Praza de Amboaxe – 31 de agosto

Canido – 2 de setembro

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …