Ferrol recibe liñas de subvencións para a mellora da competitividade turística e o fomento do turismo activo

O Concello de Ferrol ven de recibir dúas novas liñas de subvencións da Deputación da Coruña para a mellora da competitivade turística. As devanditas están encándradas dentro do Programa dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas para o ano 2017.

Neste caso por unha banda están os 100 000 € obtidos pola Mancomunidade de Concellos de Comarca de Ferrol – Rias Altas co obxecto de levar a cabo un Plan de competitividade da comarca de Ferrolterra coma destino de turismo activo dadas as características idóneas do territorio no seu conxunto.

Por outra banda están os 80 000 € obtidos pola Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol que están destinados a fomentar a calidade do produto turístico de Ferrol así como tamén o apoio a eventos desta índole.

Dende a Concellería de Turismo que dirixe Suso Basterrechea subliñan que o obxectivo claro nos vindeiros anos é precisamente “afondar máis na idea de que Ferrol é un destino turístico competitivo e especialmente no ámbito do turismo activo xa que a Comarca ofrece unha condicións inigualables”.

Lea también

Ferrol apuesta por un ocio nocturno seguro y libre de violencias

La concejala de Mujer e Igualdad, Elvira Miramontes, avanzó que el Ayuntamiento de Ferrol se …