El Concello de Ferrol asina sendos convenios coa Asociación Teima e a Cociña Económica

Sainza Ruíz firmando o convenio coa Asociación Teima – Concello de Ferrol

Esta mañá a concelleira de Benestar social Saínza Ruíz asinou dous convenios de colaboración coa Asociación Teima – Síndrome de Down e coa Cociña Económica.

Por unha banda o Convenio coa Asociación Teima – Síndrome de Down é unha colaboración do Concello para o desenvolvemento do Programa “Participando. Inclusión na vida adulta”, para apoiar a emancipación das persoas con síndrome de down.

Entre os obxectivos deste proxecto está o apoio aos desprazamentos autónomos, emprego de recursos comunitarios, autonomía, xestión económica ou manexo de tecnoloxías da comunicación, con especial atención a aspectos coma a atención ás familias ou actuación en relación ao envellecemento. A contía total é de 35 000 € dos que 17 500 € serán achegados no momento da sinatura do convenio, e a outra metade do pago será á finalización da actividade obxecto do convenio.

A concelleira Saínza Ruíz destacou “o importante labor desta entidade na nosa cidade e especialmente na inclusión nas escolas” e quixo lembrar que esta entidade “por ese importante labor foi galardonada o pasado decembro co Premio Solidario na súa novena edición”. A presidenta de Teima Down Patricia Serantes agradeceu “o compromiso do Concello que un ano máis serve para reforzar a noso traballo na cidade.

Por outra banda no referido ao Convenio asinado coa Cociña Económica destinado ao financiamento de dous tipos de servizos, o de tipo presencial nas instalacións do comedor, para promocionar menús ás persoas con limitados recursos económicos que asisten diariamente ao comedor da entidade e o tipo de recollida de comida para domicilios que ten coma obxecto a normalización e a non estigmatización no caso de unidades con menores ao seu cargo.

A achega do Concello de Ferrol para o subministro de menús ás persoas en situación de precariedade de recursos económicos é un total de 40 000 €. Antonio Tostado Naveiras, presidente da Cociña Económica destacou que “a sinatura deste convenio é moi importante para seguir facendo o noso labor na cidade.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …