O campionato galego de tríatlon de menores deste sábado pechará ao tráfico Curuxeiras

David Campos en Curuxeiras – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol organiza este sábado o campionato galego de tríatlon de menores que obrigará a pechar ao tráfico os arredores do peirao de Curuxeiras.

Desde as 10.15 horas ata as 13:15 horas non se poderá circular pola estrada baixa do porto, en concreto, desde a rotonda da AP-9 ata a subida á rúa San Francisco.

Estará prohibido aparcar no peirao da Cortina e, pola súa banda, non se poderán mover os vehículos estacionados no circuíto ata o remate da competición.

Peche de inscricións

Hoxe ás 00:00 horas remata o prazo de inscrición para categorías que van desde os 9 ata os 17 anos. Máis de 200 promesas do tríatlon galego daranse cita en Ferrol este sábado.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …