Blanco incide en que o vial de conexión entre Santa Icía e O Alto é incompatible co PXOM dado que está ubicado no termo municipal de Ferrol

(Fot. GAD)

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, reafirmouse esta mañá nas declaracións realizadas polo portavoz popular sobre a posibilidade de construír unha conexión viaria entre Santa Icía e o Alto. O rexedor local reiterou novamente ao PP que a citada vía é incompatible co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en vigor, do ano 2002, e aclarou ao respecto que a “conexión” á que alude o portavoz popular que aparece no Plan “recóllese nun área que é do termo municipal de Ferrol, donde o Concello de Narón non pode planificar nada”.

É unha lástima que despois de facer “uns cantos clicks na web do Concello para buscar o Plan”, como dixo o portavoz do PP, «non se decatara de donde están os límites entre Ferrol e Narón, por certo moi ben sinalados cunhas liñas de maior grosor e de cor negra”, asegurou Blanco. Tal e como se aprecia no plano, “o único que se fixo é prolongar unha serie de liñas a modo indicativo, o que non quere dicir que se trate dunha calificación urbanística nin dunha actuación a levar a cabo porque non se atopa no noso termo municipal e un Concello non pode planificar sobre a superficie doutro”, recalcou o alcalde naronés.

En canto ás afirmacións do portavoz do grupo municipal do PP de Narón sobre a situación de Blanco, este último recomendoulle ver, aproveitando que estamos na época estival, unha película orientativa nese senso, titulada “El muerto está muy vivo”.

Praza do colexio de Xuvia

O rexedor local saíu tamén ao paso das declaracións formuladas polos populares sobre a adxudicación das obras da Praza do colexio de Xuvia. Blanco explicou que se trata dun expediente tramitado polo procedemento de negociado, ao que se convidou a catro empresas e que se publicou na web do Concello, no apartado do “Perfil do Contratante”, presentándose un total de dezasete empresas. Negociouse con todas, excepto con aquelas excuídas do proceso por erros na documentación presentada e todo o proceso se rexíu polos pregos aprobados pola Deputación da Coruña, sen presentar alegacións ao mesmo por parte de ningunha das compañías que optaban aos citados traballos.

O pasado 4 de xullo tivo lugar a valoración definitiva das empresas, e tivo lugar a proposta de adxudicación das obras a Prosema Noroeste, publicándose a correspondente acta o 14 de xullo na web do Concello, no apartado do “Perfil do Contratante”. Días antes, concretamente o 11 de xullo, realizouse a resolución de clasificación e o requerimento á compañía da documentación administrativa necesaria para proceder á firma do contrato. “Aínda que o PP non insinúa ningunha clase de ilegalidade, o que fai realmente é crear certa incertidume sobre un proceso técnico e xurídico do que o portavoz popular ten coñecemento”. “Non é de recibo que unha persoa que representa ás veciñas e aos veciños de Narón poña en dúbida un proceso despois de interesarse polo mesmo constatar que se realizou correctamente, porque dese xeito o que fai é engañar conscientemente a eses veciños e veciñas, o que é moi grave”, asegurou o alcalde.

Cosma

En relación ás compensacións reclamadas a Ferrol o alcalde recordoulle ao portavoz popular que eran relativas á auga perdida ao realizar as purgas no termo municipal de Narón. Así mesmo, en canto ás bonificacións para os recibos do abastecemento e o saneamento, Blanco explicoulle novamente ao edil popular que as veciñas e veciños que cumpran os requisitos esixidos poden acollerse en todo momento ás bonificacións habilitadas desde o Concello tramitándoas desde o pertinente servizo. Esas bonificacións, reiterou, non son únicamente para un recibo, senón que están á disposición das persoas que precisen acollerse ás mesmas pola súa situación persoal.

Lea también

TEGA sale al paso de unas críticas del Partido Popular narones

El portavoz del grupo municipal de TEGA, Román Romero, salió al paso de las declaraciones …

6 comentarios

  1. Hablar de una carreterita mientras meten el tasazo del agua…Vaya forma de desviar la atención

  2. Miente. Yo vi el PXOM y aparece muy clarito.

    • Gradúese la vista, compre una lupa más grande o aprenda a interpretar un plano, porque lo que aparece muy clarito es que una zona de ese vial pasa por terrenos de Ferrol

  3. ¿Hay subvenciones al agua? NO. Blanco miente.

  4. Tratan de distraer nuestra atencion hablando de cosas que no nos interesan…pero no nos cuela ya

  5. Blanco sigue poniendo excusas encima de la mesa. ¿Y el Cosmazo? ¿Habéis visto la subida en el recibo?