O parque de Marnela será escenario este domingo dunha sesión de teatro con monicreques para os máis pequenos da casa

Teatro de monicreques – Concello de Valdoviño

O programa municipal “Escenarios Paralelos” trasladarase este domingo, 30 de xullo, ó parque infantil de Marnela, na parroquia de Pantín. Convertirase este espazo en escenario do espectáculo con monicreques “O galo Quirico e os seus amigos”, a cargo da compañía Seisdedos marionetas tradicionais. A función, dirixida ó público familiar, dará comezo ás 19,30 horas -en caso de choiva, a proposta do Concello de Valdoviño trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura-.

Con algúns números de marionetas tradicionais nos que os espectadores poderán participar cantando e bailando, preséntase o conto “O galo Quirico” seguindo a versión popular, que á súa vez inspira á publicada por Bernardino Graña. Unha posta en escea con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para a ocasión con música interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.

Co programa “Escenarios Paralelos”, o Concello de Valdoviño busca sacar á rúa as súas propostas culturais e, especialmente, dar a coñecer emprazamentos únicos do municipio. A segunda edición deste programa vense celebrando durante todo o mes e continuará tamén en agosto.

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …