Fene conta este verán con oito efectivos para previr e loitar contra os incendios forestais

Fot. SPEIS

O servizo de prevención, vixiancia e extinción de incendios forestais do Concello de Fene está ao completo desde o pasado 10 de xullo. Del forman parte 4 persoas contratadas na Brigada e 3 como condutoras do vehículo motobomba, que se veñen sumar ao operario que traballa facendo rozas preventivas desde mediados de xuño. A contratación deste persoal é por un período de tres meses e encádrase no convenio de colaboración subscrito entre o organismo municipal e a Consellería do Medio Rural.

O ámbito desta colaboración é o da prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Os traballos preventivos incluídos no convenio serán cofinanciados por Europa nun 75%, mentres que outro 7,5% poñerao a Administración xeral do Estado e o 17,5% restante correrá por conta da Xunta de Galicia. . Estes labores de prevención veñen reflectidos dentro da medida 8.3 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 baixo o epígrafe «Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes»

Medio Rural ofreceulle ao Concello a posibilidade de acollerse ao convenio de colaboración que desde o ano 2016 ten carácter trianual, o que lles permite ás entidades locais realizar unha mellor planificación contra os lumes.

A finalidade destes convenios é triple: a conformación das brigadas -na maioría dos casos chegan aos cinco compoñentes-, o mantemento e actuación dos vehículos motobombas e a realización de tratamentos preventivos forestais en vías e camiños de titularidade municipal coa intención de minimizar o risco e os efectos dos lumes.

Lea también

Se activa en Valdoviño una campaña de control de velocidad

El Ayuntamiento de Valdoviño ha informado este martes 23 sobre la  puesta en marcha de una …