A Escola Javi Gómez Noya, bronce no campionato galego de tríatlon

A Escola Javi Gómez Noya no podio – Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya volveu ao podio das mellores canteiras galegas ao ser terceira, a só un punto do subcampionato galego.

Nunha proba masiva en participación e público en Curuxeiras, a base do Triatlón Ferrol conseguiu a nivel individual as pratas de Rebeca Teijeiro en benxamín e de Sabela Caneiro en alevín e o bronce de Jorge Morado en cadete. Por categorías, foron subcampións os equipos benxamín masculino, alevín feminino e infantil masculino.

Sumando os resultados dos tres mellores de cada proba, a Escola Javi Gómez Noya entrou no selecto trío de clubs que superaron os 700 puntos, certificando un traballado terceiro posto no campionato galego de menores.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …