Iván Puentes, do Triatlón Ferrol, vencedor do Tríatlon de Arteixo

Iván Puentes durante a proba en Arteixo – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol celebrou este domingo a vitoria de Iván Puentes no Tríatlon Concello de Arteixo.

Comezou saíndo no top-10 da natación, cun dos mellores parciais de ciclismo conseguiu colocarse no pelotón cabeceiro e rematou a xogada a pé. Á chegada á segunda transición, seis triatletas disputaríanse as medallas pero na primeira volta foi Iván Puentes quen marcou o ritmo, rodando á par do arxentino Scarabino. A falta dun quilómetro para a meta, o seu rival non lle puido seguir o ritmo e o canteirán do Triatlón Ferrol entrou a meta triunfante.

Por clubs, o club departamental foi sétimo cos tempos de Pablo Pedrosa -28- e Basi Seijas -37-, notando a baixa de David García que caeu no segmento de bici nun accidente afortunadamente sen gravidade.

Completaron a participación local Borja Catrufo -44-, Juanchi González -53-, Marcos Caneiro -63-, José María Eiroa -67- e Iván Gómez -97-.

Finalmente Carmen Gómez decidiu non participar en Arteixo para reservarse para o Europeo sub-23 ao non estar recuperada ao 100% da súa lesión.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …