Ana Carvajal e Paula Herrero, confirmadas para o Tríatlon Cidade de Ferrol

Ana Carvajal – Triatlón Ferrol

Ademais da ferrolá Melina Alonso, o Tríatlon Cidade de Ferrol contará con dúas integrantes máis do equipo elite do club local: a andaluza Ana Carvajal e a asturiana Paula Herrero.

Desta forma, o Triatlón Ferrol é o claro favorito a gañar a clasificación por clubs femininos cos reforzos das súas internacionais e o seguro que representa a participación de canteirás como Emma Romeo.

Sen poder competir despois da operación á que se acaba de someter por molestias no nocello, Miriam Casillas visitará Ferrol esta fin de semana para apoiar ás súas compañeiras e asistir a algún adestramento da Escola Javi Gómez Noya.

Contar coa presencia da primeira olímpica do club e actual Carabela de Prata forma parte dos actos conmemorativos do décimo aniversario que o Triatlón Ferrol celebra esta temporada.

Lea también

El Náutico de Narón busca el título de las Ligas Nacionales de Duatlón

Este fin de semana, la ciudad de Soria se prepara para acoger la última jornada …