A praza da Casa da Cultura acolle este martes o pase do filme “Ocho apellidos catalanes”

O Concello de Valdoviño invita a veciños e visitantes a disfrutar este martes, 1 de agosto, dunha nova sesión de cine ó aire libre na praza da Casa da Cultura. Será coa proxección da película “Ocho apellidos catalanes”, que dará comezo ás 22,30 horas. Así mesmo, dende a Concellería de Cultura sinálase que, en caso de choiva, o pase trasladaríase ó auditorio.

Continúa así o ciclo de cine de verán deseñado polo Concello coa colaobración da Deputación provincial, no marco da Rede Cultural.

Protagonizada por Karra Elejalde, Dani Rovira, Clara Lago e Berto Romero, esta comedia dá continuidade á taquilleira “Ocho apellidos vascos”. Nesta ocasión, Koldo entérase de que a súa filla Amaia rompeu co seu mozo Rafa e namorouse dun catalán. Pon entón rumbo a Sevilla para convencer a Rafa de que o acompañe a Cataluña para rescatar a Amaia.

O ciclo continuará co “O espírito do bosque” (luns 7 de agosto), e “Somos xente honrada” (luns 21).

Lea también

Entrega de premios en Ferrol a los ganadores del IV Concurso de Fotografía “Puerto y Ciudad”

Este viernes 19 de abril, tendrá lugar en Ferrol la entrega de premios a los …